domingo, 2 de diciembre de 2012

jueves, 15 de diciembre de 2011

EXPOSICION FOTOGRAFICA

Exposicion fotografica dedicada a la fotografia en blanco y negro.
Lugar en la cafeteria La Colmena, en la Plaza Das Conchiñas (Zona C/ Barcelona)
Del 13 de diciembre al 13 de enero 2012

sábado, 13 de agosto de 2011

PRESENTACION DO LIBRO "IMAXINA FORNELOS"





Imaxina Fornelos a historia dun lugar a través da fotografia.

Foi creada pola asociacion "A FONTE DE FORNELOS" no lugar de Fornelos no concello de Zas
( A Coruña - Galicia)

Recollida de imaxes: Felipe Allo Pazos
Dixitalización: Felipe Allo Pazos e Rocío Romar RoelAñadir imagen
Tratamento e arranxo das imaxes: José Carrillo Duro
Textos: Rocío Romar Roel

Imaxina Fornelos xorde por iniciativa de todos os veciños do lugar de Fornelos (Zas- A Coruña) coa intención de recoller a súa historia recente a través da imaxe. O volume conta con 353 fotografías en branco e negro cedidas polos seus propietarios, dixitalizadas e tratadas, que abranguen unha cronoloxía que vai desde finais do século XIX ata os anos setenta do século XX. Ditas fotografías dividíronse en trece temas ou capítulos nos que se recollen as festas populares e romerías, os traballos cotiás, o deporte, os tempos de lecer, a escola, os medios de transporte, o fenómeno da emigración, o servizo militar, as familias e as persoas, así como unha serie de celebracións máis intimas coma as comuñóns, as vodas e os enterros nos que os protagonistas son os verdadeiros facedores da historia cotiá da humanidade: homes e mulleres sinxelos que con fachenda poden con esta obra mostrarlle aos seus fillos e netos como nun mundo con ben pouco se sae adiante e se é feliz. Cada un dos apartados do libro está encabezado por un poema dun autor galego relacionado co tema a tratar e cun texto no que se expón a historia dos feitos acaecidos. Acompañando á edición impresa preséntase un DVD cunha montaxe en video de todo o traballo e un ficheiro con todas as imaxes en alta resolución preparadas para a súa impresión individual.

Agardamos que este pequeño traballo traia grandes lembranzas e esboce amplos sorrisos a quen con el se sinta identificado porque… so aquel que coñece a súas raíces, consolida a súa identidade.

sábado, 27 de marzo de 2010